O 10 de xullo cumpriranse xa 10 anos desde que o desexo de moitos electores que non nos sentimos representados cristalizou neste proxecto voluntario que é Escanos en Branco. Recollendo a idea de proxectos anteriores, de que o Voto en Branco debe estar Representado nos parlamentos democráticos, propuxémonos reclamar o dereito a que esta medida de presión contra a clase política que di representar a todos, quedase en poder da cidadanía e fora recoñecida dentro das leis electorais. Iso nun contexto social dunha especial fartura co bipartidismo que sufría España durante 40 anos, e detonado pola crise económica daquel momento.
Houbo momentos de euforia nos que pensamos que conseguiriamos o noso obxectivo a través desta marabillosa ferramenta ideada para lograr o obxectivo “engañando” ao sistema electoral que só favorece certas formas de representación, cando obtivemos non-representación en concellos e demostramos que eramos os únicos que cumpriamos o devandito, e acababamos de comezar! Eran as municipais de 2011. Ou cando chegaron as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014, nas que conseguimos 115.682 votos, sendo o 3r partido máis votado sen chegar a obter representación, e como sempre cunha mínima atención dos medios masivos de comunicación. Tamén houbo momentos de desasosego como cando vimos que os novos partidos que xurdiron daquel momento non eran tan novos como dixeron e como moitas das esperanzas que se albiscaron quedaban difuminadas co tempo, confirmando unha vez máis a necesidade do recoñecemento legal do Voto en Branco Representado.
O caso é que 10 anos despois estamos completamente convencidos que o noso proxecto segue sendo completamente necesario á luz do ocorrido nesta última década e que estes anos só son 10 anos menos ata a consecución do voto en branco representado, e ata de que só se asignen os escanos que os votantes realmente queren. E por eles seguiremos traballando altruistamente os que seguimos, os que veñen e os que virán ao proxecto sen esquecer nunca a todos os que neste tempo pasaron por aquí a axudarnos e deron o mellor de si mesmos co único desexo de mellorar a nosa democracia. A todos eles, moitas grazas!
O NOSO MAIOR DESEXO É NON CUMPRIR OUTROS 10 ANOS PORQUE CUMPRAMOS O OBXECTIVO E PODAMOS DISOLVERNOS COMO PROMETEMOS
FELIZ ANIVERSARIO ESCANOS EN BRANCO!