Hai moitos xeitos de colaborar con Escanos en Branco e quizais o máis importante de todos é o que está ao alcance de todos, comunicar a idea axudándonos a reforzar a democracia.
Se che gusta a idea, explícaa a tanta xente como poidas. Darnos a coñecer é o traballo máis importante. A difusión é o único xeito de que a desafección e o descontento da cidadanía conten de verdade e pasen a se converteren en escanos baleiros.
A TÚA OPINIÓN IMPÓRTANOS!
Sempre agradecemos calquera opinión sobre os temas que nos afectan. Quizais podemos mellorar en algo no que non temos pensado ou gustaríache compartir algunha opinión, dúbida ou nova que nos axude a dar voz á xente descontenta. Non o dubides e escríbenos dende aquí!
Infórmate
Cada mes fanse reunións sobre o noso funcionamento, como participar e calquera cousa que se solicite en relación ao Partido Escanos en Branco. Envíanos un email e nós poñerémonos en contacto contigo para que poidas asistir a una destas reunións.
Participa
Quizais podes axudar nos nosos grupos de traballo con algunha tarefa coa que che apeteza aportar o teu tempo. Desde a páxina web na difusión, campañas, buscar sinaturas, traducións, ideas…
Manda una solicitude de entrada nalgún dos nosos grupos de Escanos en Branco en Facebook ou envíanos un email coas túas inquedanzas e nós poñerémonos en contacto contigo para buscar unha maneira de integrarte nalgúns destes proxectos.
AXUDA A MANTERNOS
Tamén nos podes axudar cunha contribución económica a xeito de doazón. Todos os nosos ingresos son unicamente a través das cotas de militancia e as doazóns particulares empregándose unicamente para a difusión da mensaxe. Ningún integrante ou colaborador do Partido Escanos en Branco cobra nada polo seu traballo.
As nosas contas son totalmente transparentes e poden ser visualizadas a través de internet sen ningún tipo de trámite neste enlace.
Afíliate
Se o que queres é unha implicación máis directa, animámoste a que te unas a nós nesta pequena grande batalla por unha política digna. Escanos en Branco é un partido asembleario tomando esta as decisións segundo marcan os nosos estatutos. A militancia implica, entre outros, a asistencia física ou virtual ás asembleas, a participación nas tomas de decisións do partido e a implicación económica na forma de cota anual de 60€.
desexo informarme do que supón afiliarme a Escanos en Branco