É moi sinxelo pero a xente nolo pregunta. Atoparás as nosas papeletas xunto coas dos demais partidos o día das eleccións no teu colexio electoral pero a papeleta de Escanos en Branco será a única que traducirá os votos en escanos baleiros.
Algo que o voto en branco tradicional non pode conseguir por culpa da lei electoral.
Escanos en Branco preséntase coma un partido máis.
Nas papeletas de Escanos en Branco (Congreso e Senado) tamén aparecerán unha serie de nomes (candidatos) porque así nolo esixe a lei, coa diferenza de que todos eles comprométense previamente a non tomar posesión do cargo, tal e como marca o noso único punto do programa electoral.