• Escanos en Branco
  • Programa electoral
  • Preguntas frecuentes
  • Novas
  • Colabora
  • Contacto

E non sería mellor ocupar o escano?

Probablemente votar a Escanos en Branco é o xeito de oposición máis efectivo de todos.

Por suposto, os cidadáns que pensen que con estas regras do xogo alguén pode defender os seus intereses no parlamento, teñen xa un amplo abano de partidos políticos onde escoller.

Mais a presenza de Escanos en Branco fai posible dar visibilidade tamén a aquelas outras persoas que, dadas as circunstancias e características da nosa democracia, entenden que a postura máis razoable sería utilizar o voto para baleirar escanos.

Votar ó partido Escanos en Branco permite a un amplo espectro da poboación abandoar as estadísticas virtuais do voto en branco, voto nulo e da abstención, para pasar a ter unha presenza real dentro do parlamento en forma de escano baleiro.

Estamos convencidos de que unha dos xeitos de presión máis convincentes pasa pola introdución nos parlamentos dun voto que poña en perigo aquilo que máis cobizan os representantes políticos: o seu posto de traballo.

Tamén pensamos que calquera solución de futuro a plantexar debe pasar obrigatoriamente por recoñecer valor e espazo ás voces críticas dos cidadáns disconformes coas actuais regras do xogo.

E nesa tarefa está o partido Escanos en Branco.

Compartir

Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Dúbidas?

Se ten algunha pregunta relativa ao partido Escanos en Branco e non atopa a resposta na nosa web, pode plantexala a través deste formulario. Será resposta o máis rápidamente posible. Moitas grazas.

Escons en Blanc Website
Aulki Zuriak Website
Sitio web de Escaños en Blanco
Contacto  ·  Mapa del sitio  ·  Aviso legal  ·  Política de Privacidad  ·  Política de cookies
© Escaños en Blanco / Escons en Blanc / Aulki Zuriak / Escanos en Branco 2010-2020
Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial 4.0 Internacional