¿Cómo se vota a Escanos en Branco?
Se vota como ao resto de partidos políticos: elexindo a papeleta de Escanos en Branco na mesa electoral e depositándoa na urna dentro do sobre.
É a única papeleta de todas que traduce os seus resultados en escanos baleiros.
Sacar 3 ou 4 escanos…¿De que serviría?
A presenza de Escanos en Branco non soamente supón un exame de calidade democrática senon unha presenza constante durante toda a lexislatura na forma de escano baleiro, en forma de político expulsado das institucións, e en última instancia, na forma de aforro económico ao evitar gastos en soldos, dietas, viaxes, coches oficiáis e un longo etcétera.
Por primeira vez na historia da democracia daríase igual valor o voto de todos os cidadáns. Só por ese motivo, calqueira resultado electoral sería satisfactorio por sí mesmo.
A día de hoxe ignórase aos cidadáns que non se senten representados por ningún partido, ofrecéndolles un tipo de voto (voto en branco, voto nulo), que constitúe un fraude de lei. O voto deses cidadáns non ten valor, nin obtén representación parlamentaria, nin ocasiona ao resto de partidos ningún tipo de obstáculo ou medida de presión ou desenrolo das súas actividades.
O voto ao partido Escanos en Branco tradúcese en escanos baleiros, otorga un valor intrínseco ao voto dos cidadáns non representados igual ao do resto de cidadáns, fan efectivo un verdadeiro sufraxio universal e pon nun brete ou resto de partidos políticos e ao propio sistema en xeral. Deste xeito, cada plebiscito pasa a se convertir ademáis nun verdadeiro referéndum de aprobación cidadá..
¿Votar a Escanos en Branco perxudica aos partidos minoritários?
Non. Estatísticamente, os escanos baleiros de Escanos en Branco non modifican o equilibrio de poder e quita máis escanos á formación máis votada (sen importar a súa ideoloxía).
Si Escanos en Branco quita un par de votos e hai un ou dous partidos que teñen a maioría de votos, o máis probable é que eses votos sexan dos partidos que máis acadarab. Por iso é a mellor ferramenta de castigo aos partidos políticos. Vexamos os casos de Galicia:
Galicia
Supoñamos que todos os nulos foran votos en branco no caso de que éste se contabilizase, o cal non é un 100% seguro, pero a cambio vou a descartar os posibles votos en branco perdidos na abstención. Ademáis vou a engadir os resultados obtidos pola formación Escanos en Branco. O resultado, mantendo as limitacións por circunscripcións e umbral de exclusión sería o seguinte:
Coruña Lugo Orense Pontevedra Resultado real Resultado con Eb PP -1 = = -1 41 39 PSdeG = -1 = = 18 17 AGE = = = = 9 9 BNG = = = = 7 7 Eb +1 +1 = +1 0 3 O Partido Popular perdería 2 escanos e o PSOE 1, logo nese suposto, votar a Escanos en Branco quita escanos aos maioritarios.
¿E se sacase un, digamos 20% dos votos? Vexamos a quén quitaría os 5 primeiros escanos Escanos en Branco en cada provincia:
Escanos 1º 2º 3º 4º 5º A Coruña 24 PP PSdeG PP PP AGE Lugo 15 PSdeG PP PP PP PSdeG Ourense 14 PSdeG PP PP AGE PSdeG Pontevedra 22 PP BNG PSdeG PP PP Cun 20% dos votos en A Coruña acadaría 5 escanos, en Lugo 3 igual que en Ourense, e en Pontevedra acadaría 4. Vendo na táboa a quén correspondería cada un deses escanos vemos que o resultado sería este:
Coruña Lugo Orense Pontevedra Resultado Resultado con Eb PP -3 -2 -2 -2 41 32 PSdeG -1 -1 -1 -1 18 14 AGE -1 = = = 9 8 BNG = = = -1 7 6 Eb +5 +3 +3 +3 0 14 Conclusión
O voto a Escanos en Branco perxudica ós partidos máis votados (neste caso PP, e en menor medida PSOE) sendo os máis afectados na pérdida de subvencións e soldos.
¿Con máis do 50% de Escanos en Branco...¿Sería a Anarquía?
Ainda que falar de política-ficción é moi complicado, cremos que non sería necesario chegar tan lonxe para que se poduciran cambios de calado.
A día de hoxe os políticos e os seus partidos sobreviven grazas o apoio cidadán. No caso de que este apoio deixara de ser tal e se manifestara de forma explícita como propón Escanos en Branco coa súa estratexia, entón se poñerían en marcha mecanismos de axuste no funcionamento dos partidos e se abriría un debate político na sociedade.
Desde Escanos en Branco entendemos que a calidade da nosa democracia está moi deteriorada. Os cidadáns non teñen ferramentas de control sobre os seus representantes; estes non responden ante os electores senón únicamente ante o seu xefe de filas, unha persoa pode ser elexida nas urnas para acto seguido incumplir todas as súas promesas impunemente e os cidadáns só teñen como opción esperar outros catro anos ata as seguintes eleccións ou saír á rúa cunha pancarta..
Mentres sexa esa a calidade da nosa democracia e esas sexan as ferramentas de control cidadán coas que contamos, é moi probable que cada vez sexan máis e máis persoas as que se acollan ao refuxio democrático de Escanos en Branco.
Entendemos que no caso de colleitar un resultado tan abultado os resultados non se farían esperar. Un desafío tan importante só podería ter como consecuencia o acercamento dos partidos aos seus electores, o replantexamento de toda a arquitectura institucional e regras do xogo, e unha democracia aberta o servicio dos cidadáns.
¿Votar Escanos en Branco ¿non é deixar máns ceibes para que gobernen os de sempre? ¿Que clase de oposición é isa? ¿Non sería mellor ocupar o escano?
Probablemente a oposición máis efectiva de todas.
Os cidadáns que pensen que con estas regras de xogo alguén pode garantir a defensa dos seus intereses no Parlamento, xa teñen un amplio abanico de partidos onde elexir.
A presenza de Escanos en Branco posibilita dar visibilidade a aqueles outros que, dadas as circunstancias e a calidade da nosa democracia, entenden que a postura máis razonable é utilizar o voto para baleirar escanos.
Votar o Partido Escanos en Branco permite a un amplo espectro da poboación abandonar as estatísticas virtuáis do voto en branco, voto nulo e da abstención, para pasar a ter unha presenza real dentro do parlamento na forma de escano baleiro.
Estamos convencidos de que unha das formas de presión máis convincentes pasa pola introdución dentro dos parlamentos dun voto que pon en perigo aquilo que máis aprezan os representantes políticos: o seu posto de traballo.
Estamos convencidos tamén que calqueira solución de futuro que queira plantexarse debe pasar obligatoriamente por recoñecer valor e espazo ás voces críticas e aos cidadáns disconformes coas actuáis regras de xogo.
E esa tarefa se atopa no Partido Escanos en Branco.
Seguro que o partido Escanos en Branco non ocupará os escanos?
Xa conseguimos tres concelleiros e os deixamos baleiros coma prometimos. Somos o único partido que cumpriu ata agora o 100% do seu programa electoral.
As persoas que están detrás de Escanos en Branco son persoas que traballan dende hai moitos anos nestre proxecto, e temos como equipo a seguridade da súa integridade e o seu compromiso de non tomar posesión do escano.
Temos un só punto no noso programa, todo o noso traballo e o noso esforzo ten senso se coidamos aquelo que ofrecemos. No noso caso, o cumprimento do noso compromiso ten que ver cunha cuestión de supervivencia e poñemos todo o noso empeño en situar ese compromiso no centro do noso traballo ofrecendo ós cidadáns listas electoráis con persoas de confianza así coma total transparencia das nosas actividades.
¿Escanos en Branco ten data de caducidade?
Sí. O noso desexo é iniciar un proceso que culmine cunha necesaria modificación da lei electoral, no senso de que se recoñéza o dereito dos electores a facer uso dun tipo de voto específico e exclusivo pensado para todos aqueles ciudadáns demócratas que, descontentos coa labor dos seus representantes, non atopen en ningunha lista electoral unha alternativa que lles satisfaga.
Este voto debería ser computado como o dunha candidatura máis e, no caso de conseguir algunha representación, ésta materializaríase en forma de escanos baleiros. O partido Escanos en Branco autodisolveráse cando este obxectivo se logre.