• Escanos en Branco
  • Programa electoral
  • Preguntas frecuentes
  • Novas
  • Colabora
  • Contacto

Que pasa co diñeiro do escano?

Escanos en Branco renuncia a soldos e subvencións tal e como marcan o seu programa electoral e os seus estatutos. Finánciase únicamente coas voluntarias aportacións dos seus simpatizantes.

Para deixar o escano baleiro, os candidatos de Escanos en Branco que obteñan representación non tomarán posesión do escano (non realizarán os trámites legalmente necesarios). Dese xeito non só conseguen que o escano quede baleiro e bloqueado se non que, por lei, non terán acceso a ningún dos beneficios asociados a ese cargo: nin soldos, nin dietas, nin xubilacións especiais. Nada.

Sin-dinero-no-hay-escano

As partidas de soldos e subvencións por deputado ou concellal, son por escano conseguido. Daquela, o resto de partidos non poden repartirse ese diñeiro.

Pero é que, a maiores, hai unha serie de recursos adicionais do Estado que se reparten en función do número de escanos obtidos: subvencións para propaganda electoral, subvencións para financiación de campañas electorais, subvencións para financiación de partidos, subvencións para financiación das fundacións asociadas ós partidos e, tamén, a designación doutros cargos como asesores dentro do congreso e outras cámaras. Escanos en Branco renuncia tamén a todos eles.

Todos eses recursos, todo ese diñeiro, ó non poder ser usados por estar asociados ó escano, convírtese nun aforro para o Estado. Visto dende outro punto de vista, é coma se o cidadán fixese recortes sobre os gastos e ingresos dos políticos.

Compartir

Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Dúbidas?

Se ten algunha pregunta relativa ao partido Escanos en Branco e non atopa a resposta na nosa web, pode plantexala a través deste formulario. Será resposta o máis rápidamente posible. Moitas grazas.

Escons en Blanc Website
Aulki Zuriak Website
Sitio web de Escaños en Blanco
Contacto  ·  Mapa del sitio  ·  Aviso legal  ·  Política de Privacidad  ·  Política de cookies
© Escaños en Blanco / Escons en Blanc / Aulki Zuriak / Escanos en Branco 2010-2020
Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial 4.0 Internacional