Escanos en Branco xorde como resposta á demanda duns cidadáns democraticamente activos que, ao non sentírense representados por ningún dos actuais partidos políticos, se ven abocados ao voto en branco, á abstención ou ao voto nulo. Estas opcións,aínda que se contabilizan de forma simbólica, na práctica non inflúen na repartición dos escanos e conducen a unha parte do electorado cara a expulsión do xogo democrático.
Por este motivo, introducímonos no sistema constituíndonos como unha candidatura máis que se presenta ás eleccións e facémolo cun só punto no programa: deixarmos baleiros os escanos que consigamos e renunciarmos así a calquera tipo de soldo ou subvención.
Deste xeito, a través do partido Escanos en Branco, eses votos desconformes contabilizaranse nos arcos parlamentarios como un reflexo fiel da vontade de todos os cidadáns.
Os catro puntos básicos de Escanos en Branco:
1 |
Un só punto no programa: deixarmos o escano baleiro |
2 |
Ao non tomarmos posesión do escano non recibimos salario nin subvención ningunha |
3 |
É a forma eficaz de darlle valor e visibilidade ao descontento e de que este se vexa representado nos parlamentos de xeito oficial e inequívoco.
|
4 |
Se queres velo desde outra perspectiva, é un xeito de utilizar o poder do teu voto para expulsar políticos das institucións. |
Queres coñecer máis?