• Escanos en Branco
  • Programa electoral
  • Preguntas frecuentes
  • Novas
  • Colabora
  • Contacto

O esencial de Escanos en Branco

Escanos en Branco é o partido dos non representados.

Tanto se votas en branco, como nulo ou non votas, os políticos empregan esa decisión no seu propio beneficio e reparten todos os escanos sen ter en conta nin a túa opinión nin a túa desconformidade. En Escanos en Branco ocupámonos de que o teu voto teña valor real e de que non o leve ninguén.

Porque en Escanos en Branco non ocupamos o escano, que queda baleiro durante toda a lexislatura. Deste xeito damos visibilidade aos marxinados pola actual lei electoral.

Os escanos baleiros non custan diñeiro, non secuestran palabras, non enganan a ninguén e representan unha oposición real, tan real que lle retira o seu posto, o seu cargo e o seu conseguinte soldo a un político que non te representa.

Nada de utopías. Unha proposta sólida.

Fundado en 2010, o partido Escanos en Branco é xa unha alternativa sólida de voto. Somos a primeira forza extraparlamentaria en Asturias e segunda en Galicia, pero o mellor é que xa o conseguimos en Cataluña deixando baleiras tres concellarías.

  • 2 concelleiros menos en Foixá (Girona)
  • 1 concelleiro menos en Gironella (Barcelona)

Unha ferramenta útil de presión política.

O partido Escanos en Branco realiza unha verdadeira oposición activa e é unha ferramenta eficaz de presión cidadá.
Porque o que máis valoran os nosos representantes políticos é o seu posto de traballo. Un escano baleiro é unha figura viva e incómoda dentro dos parlamentos. É unha presenza constante e ininterrompida durante toda a lexislatura, unha representación notoria e incorruptible do descontento, unha continua ameaza para os demais representantes pois o próximo escano baleiro pode ser o seu.

Transparencia e aforro ás arcas do estado.

O partido fórmano un grupo de cidadáns comprometidos que traballan de forma altruísta en beneficio da propia democracia.

En Escanos en Branco non se reciben salarios e renúnciase a subvencións estatais, non comunicando ningún número de conta bancaria á xunta electoral, imposibilitando deste modo calquera tipo de aboamento.

Ademais o partido nútrese unicamente do esforzo e as achegas dos seus afiliados así como de doazóns puntuais de cidadáns, mostrando as súas contas de forma pública e totalmente transparente.

Unha democracia sa. Un verdadeiro sufraxio universal.

Porque todas as persoas teñen dereito ao voto. En Escanos en Branco facemos realidade un auténtico sufraxio universal.

A realidade que vivimos é que, se ben todas as persoas teñen dereito ao voto sen discriminación de raza, sexo ou relixión, non todos os votos teñen o mesmo valor. A día de hoxe, o cidadán que non se sente representado vese abocado á abstención, o voto en branco e o voto nulo, que nunca obterán representación dentro do arco parlamentario.

A presenza do partido Escanos en Branco nunhas eleccións elimina esta discriminación, dando valor ao voto descontento, traducíndoo en escanos baleiros, en políticos expulsados das institucións e convertendo os parlamentos nun reflexo máis axustado á realidade social.

subir

 

Compartir

Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Escanos en Branco

  • Sobre nós
  • O esencial de Escanos en Branco
  • Programa electoral
  • Manifesto
  • Orixe do partido
  • Estrutura do partido
  • Informes de contabilidade anual
  • Resultados electorais

Escons en Blanc Website
Aulki Zuriak Website
Sitio web de Escaños en Blanco
Contacto  ·  Mapa del sitio  ·  Aviso legal  ·  Política de Privacidad  ·  Política de cookies
© Escaños en Blanco / Escons en Blanc / Aulki Zuriak / Escanos en Branco 2010-2020
Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial 4.0 Internacional